Home Programas Espazo Aberto Ana Miranda: “A devolución do Pazo de Meirás é indispensable na loita contra o franquismo post Franco”

Ana Miranda: “A devolución do Pazo de Meirás é indispensable na loita contra o franquismo post Franco”

0
Ana Miranda: “A devolución do Pazo de Meirás é indispensable na loita contra o franquismo post Franco”

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, defendeu no Parlamento Europeo a devolución do Pazo de Meirás á sociedade como un xesto “indispensable” para a normalización democrática. A nacionalista asistiu a unha xornada sobre o acceso á xustiza por parte das vítimas do franquismo coordinazada polo BNG, que forma parte do grupo de Memoria Histórica da Eurocámara.

Neste sentido a portavoz nacionalista en Europa fixo referencia á vista previa que comeza este venres nos xulgados da Coruña sobre a propiedade do Pazo de Meirás. “Que se cheguen a recuperar todos os bens incautados por Franco será un signo de normalidade democrática e desde o BNG seguiremos traballando para que se produza”. Ana Miranda lembra que o grupo de Memoria Histórica da Eurocámara, integrado por eurodeputadas de distintos grupos e Estados, ten expresado o seu firme apoio á devolución do Pazo de Meirás e o resto de bens incautados polo franquismo, así como a reparación ás vítimas.