Home Programas Área Compostela O casco histórico de Compostela contará con 68 novos aparcabicis

O casco histórico de Compostela contará con 68 novos aparcabicis

0
O casco histórico de Compostela contará con 68 novos aparcabicis

Compostela camiña cara a humanización con novas elementos que faciliten a mobilidade. Hoxe o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, Jorge Duarte, presentou aos medios de comunicación a nova rede de aparcabicicletas que se están a instalar no casco histórico da cidade.

O casco histórico de Compostela contará con 68 novos aparcabicis

Máis humanización. O Casco Histórico compostelán contará con case 70 novas prazas de aparcabicis

Publicada por Nós Televisión en Lunes, 7 de agosto de 2017

Onde?

As localizacións elixidas son a praza do Obradoiro, avenida de Rodrigo de Padrón, Porta Faxeira, rúa Nova, praza de Mazarelos, praza da Universidade, San Fiz, praza de Feixóo, Virxe da Cerca, Pescadería Vella, Cervantes, Salvador Parga, Porta do Camiño, CGAC, San Roque, San Martiño, San Francisco, praza da Inmaculada, Carretas e San Juan Bautista La Salle. O deseño é obra do ferreiro compostelán Chago Martínez.

Nesta primeira acción, tal e como afirmou o propio edil instalaránse 68 novos aros no recinto intramuros mais logo continuarase noutras zonas do caso histórico, no Ensanche e noutros barrios da cidade.