Home Programas Área Compostela Carme Penim presenta “Herdeiras”, a lembranza das mulleres esquecidas

Carme Penim presenta “Herdeiras”, a lembranza das mulleres esquecidas

1
Carme Penim presenta “Herdeiras”, a lembranza das mulleres esquecidas

As historias de mulleres que quedaron silenciadas logo da Guerra Civil son a base do último proxecto de Carme Penim que hoxe se presentou na sala de prensa do Pazo de Raxoi. A proposta conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do concello de Santiago e consiste nun libro-CD no que colaboran netos/as e fillos/as de persoas represaliadas na época da guerra e a posguerra, e as principais intelectuais e poetas de Galicia que produciron obras relacionadas.

Explicaron a creación, esta mesma mañá, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a primeira tenente de alcalde, María Rozas, propia Carme Penim, e a coreógrafa Xiana Vilas.

A presentación diante do público de Herdeiras terá lugar este mesmo sábado 23 de setembro, ás 20 horas, no Teatro Principal.

O proxecto recolle a música de Carmen Penim sobre poemas de Eva Veiga, Marga do Val, Helena Villar, Carmen Blanco e Marta Dacosta ademais dunha serie de artigos breves e a curtametraxe de Margarita Ledo que leva por nome Bucle. O Secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, salientou o traballo de empoderamento das mulleres que se realiza neste proxecto que ten tamén como eixo fundamental o noso idioma.

Carme Penin explicou na rolda de prensa que este proxecto xurdiu desde a difusión da memoria histórica para rematar ampliando os seus obxectivos. Unha das colaboracións que participa en “Hedeiras” é a coreógrafa Xiana Vilas que explicou en que consiste a súa participación no proxecto.