Home Programas Espazo Aberto Cantigas e xogos para impulsar o galego

Cantigas e xogos para impulsar o galego

0
Cantigas e xogos para impulsar o galego

A Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela foi o escenario escollido pola área de Cultura da Deputación da Coruña e a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s para presentar a reedición de Pelo gato 24.

A Asociación de Gaiteiros e a Deputación da Coruña presentan o Libro-CD “Pelogato 24”, no que participan artistas coma Sonia Ledebynski, Fuxan os Ventos ou Mercedes Arribe

O traballo, en formato Libro-Cd-Dvd, recolle unha escolma de cantigas tradicionais, xogos populares e videoclips, que teñen como obxectivo dar a coñecer e divulgar entre o público infantil algunhas das cancións máis representativas da tradición oral galega.

Xogos populares, trabalinguas, cantigas tradicionais, videoclips, e até catorce temas extraordinarios forman parte do contido de Pelo gato 24, un exitoso traballo que tras ser editado ano 2007 pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, volve ver a luz este ano grazas ao apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña para facer chegar as novas xeracións de galegas e galegos o mellor da tradición musical e cultural da Galiza.