Home Programas Área Compostela A campaña “Porta a porta” recolle 190 toneladas de vidro

A campaña “Porta a porta” recolle 190 toneladas de vidro

0
A campaña “Porta a porta” recolle 190 toneladas de vidro

A reciclaxe en Compostela deu outro paso máis cara a concienciación da súa importancia no sector da hostalería. A campaña “Porta a Porta”, de recollida de vidro para reciclaxe en locais de ocio foi todo un éxito como se constatou hoxe na entrega de premios a aqueles participantes que máis recolleron envases deste material.

sumáronse á iniciativa 241 locais

Esta mañá participaron neste acto no Pazo de Raxoi o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, xunto coa directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, e o xerente de Ecovidrio en Galicia, Germán Fernández.

María Cruz Ferreira explicou que agarda extender esta campaña a outras zonas do país. Polo seu lado o xerente de Ecovidrio en Galicia, Germán Fernández, quen sinalou que Santiago supera a media galega e a española de reciclaxe por habitante.

Locais premiados

Recolleron os premios este ano Tito González, da Borriquita de Belém; José María Díaz Ares, do Modus Vivendi; Rafael Areoso, do Retablo; Antonio Lago, da Gramola, e Mariano Rivas, do Milongas. Nesta edición participaron 241 locais, que propiciaron a recollida de 190 toneladas de vidro.

http://nostelevision.gal/hostalaria-da-zona-historica-contara-cun-servizo-de-recollida-de-vidro-porta-porta/