Logo da desfeita financeira froito da especulación e de polémicas decisións institucionais Galicia quedou sen a maior parte do seu tecido bancario. Na actualidade só a Caixa Rural Galega figura como a única entidade bancaria de capital galego que, ademais, ten un firme compromiso co país. O seu presidente, Manuel Varela López, explica a Nós Televisión que o segredo da xestión na súa entidade ten moito que ver coa súa raíz cooperativista: as propias persoas socias apostan por reivertir os beneficios e non especular.

Máis de 50 anos de existencia

En 2016 Caixa Rural celebrou os seus 50 anos de existencia co lema “Cos pés na terra”. A frase non é un invento do marketing, é toda unha vocación e un compromiso coa xente como explica Manuel Varela.

16.000 persoas socias. Esta caixa de aforros de proximidade conta co apoio do Grupo Caja Rural que lle permite compartir custos e ofertar moitos produtos financeiros así como traballar a través de internet polo portal Ruralvía.

Manuel Varela López chegou á presidencia de Caixa Rural en 2016 logo dunha longa traxectoria no mundo cooperativista galego en na propia entidade. Formou parte do Consello Reitor da Cooperativa Melisanto (1992-2008) e en 2006 entrou no Consello Reitor de Cooperativas. Profesor de ensino secundario, conta cunha ampla experiencia no sector agroalimentario.