Cada cousa é para o que é e a Educación Social é para os centros de menores

Cada cousa é para o que é. E o zapato é para o pé. Reabrirá en breves o Centro de Menores de Montealegre (Ourense), privatizado recentemente.

O novo contrato do centro provocou o enfado do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia pois o persoal educativo previsto non terá obrigatoriamente “a titulación necesaria e adecuada” para abordar o traballo cos menores internados no centro. Así é, 17 prazas de educadores ou educadoras que non fixa como requisito que estas conten con formación en educación social.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -