Home Programas Área Compostela Bota a andar a Colección de Vídeos Didácticos da USC

Bota a andar a Colección de Vídeos Didácticos da USC

0
Bota a andar a Colección de Vídeos Didácticos da USC

Trátase dunha iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística da USC que pretende colectar unha serie de pezas audiovisuais útiles para a docencia e a divulgación ao tempo que crear novas oportunidades de comunicación para o profesorado e o alumnado universitario.

Na actualidade, a colección conta cunha ducia de vídeos, cunha duración media de entre 8 e 10 minutos, ademais doutros en etapa de produción. Esta é unha actividade aberta a todas as áreas de coñecemento que seguirá medrando en datas próximas con novas incorporacións.