Novo acto reivindicativo do BNG contra o espolio franquista. Representantes da formación nacionalista saíron ao balcón do claustro do Museo da Catedral e colocaron unha faixa co lema “Que nos devolvan o roubado! Franquismo: nunca máis!”.

Rubén Cela e Ana Miranda

De Meirás ao Obradoiro

Dende a Praza do Obradoiro, o voceiro municipal, Rubén Cela, e a delegada no Parlamento Europeo, Ana Miranda, sostiveron as imaxes das esculturas do Mestre Mateo que a familia Franco aínda non devolveu ao Concello.

Queremos combater ese espolio desde todos as frontes posibles

A recuperación das esculturas de Isaac e Abraham é unha vella reivindicación do BNG, que xa presentou diversas iniciativas no Parlamento de Galicia e o Parlamento europeo. A representante do grupo nacionalista en Bruxelas vén de participar nun acto de denuncia da ditadura franquista no que trasladou as demandas do seu partido.

Finalmente, a policía desaloxou aos militantes do BNG que acudiran ao claustro do Museo e retirou a pancarta que denunciaba o espolio franquista. A organización nacionalista asegura que non cesará a súa loita e preparará máis actos simbólicos coma este.

http://nostelevision.gal/militantes-bng-ocupan-unha-nova-propiedade-dos-franco-pazo-de-cornide/