Home Programas Espazo Aberto BNG e Anova apoian a celebración do referendo en Cataluña

BNG e Anova apoian a celebración do referendo en Cataluña

0
BNG e Anova apoian a celebración do referendo en Cataluña

O mesmo día en que no Parlamento catalán se está a tratar os mecanismos democráticos para que a cidadanía de Cataluña teña a oportunidade de votar o vindeiro día 1 de outubro, BNG e Anova amosaron o seu apoio a este proceso e á celebración da consulta.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou en Compostela que a actuación do goberno español e dos partidos contrarios ao referendo cometen “un erro histórico”.

As urnas e a democracia non se poden ilegalizar

“O Estado bloquea o proceso empregando métodos pouco democráticos”

Polo seu lado o portavoz nacional de Anova, Antón Sanchez, afirmou que a súa formación estará sempre co pobo catalán e a favor do dereito a decidir.

Presenza galega no 11 de setembro

Ambas formacións estaran esta fin de semana e o 11 de setembro en Barcelona na festa nacional de Catalunya para participar en varios actos e na propia manifestación que terá lugar nesa cidade.