Home Programas Espazo Aberto Beiras chama á cidadanía galega a defender a democracia apoiando o referendo en Cataluña

Beiras chama á cidadanía galega a defender a democracia apoiando o referendo en Cataluña

1

A alarmante situación que está a vivir estes días o pobo catalán coas decisións do goberno español e a súa maquinaria xudicial está a facer reaccionar ás forzas políticas galegas favorables ao dereito á determinación. Hoxe Anova-Irmandade Nacionalista compareceu diante dos medios de comunicación para facer un chamamento á cidadanía galega para que defenda os seus dereitos a través da reivindicación do pobo catalán.

Anova amosa o teu total apoio ao “Procés”

Estamos diante dun estado de excepcion non declarado froito dunha atrocidade totalitaria

Gladys Afonso falou de represión dos dereitos civís e situación predemocrática. Polo seu lado o histórico lider nacionalista Xosé Manuel Beiras sinalou que estamos diante dun “estado de excepcion non declarado” froito dunha “atrocidade totalitaria” e fixo un chamamento para que galegas e galegos apoien a celebración dun referendo. Pechou a rolda de prensa o portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, quen amosou a súa indignación pola situación.

Anova anunciou que está a traballar, xunto con outras organizacións, para dar resposta ao desafío antidemocrático do goberno español e apoiar a consulta do 1 de outubro.