Balance positivo da Deputación de Pontevedra no Deza, Tabeirós e Terra de Montes

Carmela Silva: “A Deputación inviste máis no Deza, Tabeirós e Terra de Montes agora que no anterior goberno de Louzán”

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo balance hoxe desde Lalín destes dous anos de goberno na institución provincial. Nun almorzo informativo no Pazo de Liñares cos medios de comunicación das comarcas do Deza e Tabeirós explicou polo miúdo con datos as diferentes intervencións nesta zona e o apoio institucional que están a dar aos concellos.