Home Programas Área Compostela A Ascensión contará con concertos de grupos composteláns

A Ascensión contará con concertos de grupos composteláns

0
A Ascensión contará con concertos de grupos composteláns
SONY DSC

As festas da Ascensión deste ano contarán coas actuacións de catro grupos composteláns: Carla Green & The Demons, Cachas & Cousins, Roberto Sobrado Grupo e Gergelyes. A primeira tenente de alcalde, María Rozas, presentou estes concertos do ciclo Compostela É Música, que se van celebrar na praza do Toural.

O concerto de Carla Green & The Demons será o primeiro e terá lugar o mércores 24, a partir das 23:00 horas. O grupo estivo representado na rolda de prensa por Fran Sanz, que destacou especialmente a figura da cantante, Carla Green.

[vc_video link=”https://www.youtube.com/watch?v=T9bwC-cR_pY”]
[vc_video link=”https://www.youtube.com/watch?v=Fnti6Dp0TVQ”]

A seguinte actuación será a de Cachas & Cousins. Alexander Pérez, un dos integrantes do grupo, destacou que é a primeira vez que o Concello conta coa agrupación. O concerto deste grupo será o venres 26, a partir das 23:00 horas.

O concerto de Roberto Sobrado Grupo será o sábado 27, tamén ás 23:00 horas. O músico salientou a necesidade de darlle visibilidade aos artistas e grupos da cidade a través deste tipo de proxectos.

[vc_video link=”https://www.youtube.com/watch?v=jW-qeWwRHag”]
[vc_video link=”https://www.youtube.com/watch?v=XHpHO9hsAMI”]

Por último, poderemos ver o concerto do grupo Gergelyes, que nos achega as músicas e os bailes dos húngaros csangó, procedentes da rexión de Moldavia. Sergio de la Ossa explicou que a súa actuación estará centrada fundamentalmente no baile.

De balde

Todos os concertos do ciclo Compostela É! Música, ao igual que o resto de actividades incluidas na programación das festas, serán de balde. Estas actuacións demostran que o panorama musical de Compostela conta con moita variedade de estilos, xa que na praza do Toural poderemos escoitar desde soul a folk húngaro, pasando por reggae ou rock.