As cooperativas compostelás contarán cun novo espazo de encontros: os “Almorzos do Bo Facer”

Xorde un novo espazo encontro para as cooperativas compostelás

Logo do éxito do primeiro Foro de Economía Social organizado pola concellaría de Políticas Sociais de Santiago, este departamento quixo darlle continuidade este ano con novos encontros nos que se dean a coñecer varias experiencias cooperativas. A edil Concha Fernández explicou en rolda de prensa que a maior parte das iniciativas, precisamente, son proxectos cooperativos que xa contan cun catálogo público como Entidades de Economía Social en Santiago de Compostela

Afondamos na idea da cooperación para poder competir mellor

Afondar na #EconomíaSocial

Pola súa banda, Carme Casado, responsable de promoción económica do Cersia, explicou a necesidade que teñen estas iniciativas de contar cun espazo de encontro regular onde partillar experiencias e traballos polo que se pensou en crear os “Almorzos do bo facer”.

Datas dos “Almorzos”

De outubro a novembro: Catro espazos para falar e escoitar

Os “Almorzos do Bo Facer” terán estruturas diferentes xa que cada un terá obxectivos concretos. O primeiro será o venres 20 de outubro, no Cersia, en horario de 9 a 11 horas para crear un listado de propostas e ideas colaborativas e cooperativas que mostrar ao Concello; o segundo, o martes 31 de outubro, no Matadoiro, no mesmo horario centrarase no deseño e concreción das ideas propostas; o terceiro será o martes 14 de novembro, no Auditorio de Galicia, en identico horario para mostrar os proxectos; e o cuarto e último almorzo será o martes 5 de decembro, na Sala Numax, en horario de 10 a 12 horas para pechar as propostas.

Continúa a aposta municipal pola economía social e colaborativa