Home Programas Área Compostela Compostela conta con novos orzamentos para este 2017

Compostela conta con novos orzamentos para este 2017

0
Compostela conta con novos orzamentos para este 2017

O Pleno da Corporación de Santiago aprobou os orzamentos do Concello para o exercicio 2017. A proposta presentada polo Goberno local foi apoiada co voto favorable do BNG, tivo a abstención do PSOE e o voto negativo do Partido Popular. A proposta de orzamento foi presentada pola concelleira de Facenda, María Rozas. Pola oposición interviron o voceiro do BNG Rubén Cela, o voceiro o PP, Agustín Hernández e o voceiro do PSOE, Paco Reyes. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, fixo uso da súa quenda de palabra para falar da importancia destes orzamentos que calificou de “participados”.

Martiño Noriega: “Os orzamentos representan á cidade dun xeito maioritario”

O orzamento ascende a máis de 106 millóns de euros. A súa aprobación foi posible logo do proceso de diálogo que puxo en marcha o Goberno no pasado mes de outubro e que tivo como resultado un documento que contempla numerosas achegas de todos os grupos, en particular do BNG e do PSOE, así como mocións aprobadas no Pleno.