Apego reiniciase en Ames o 15 de setembro cun obradoiro de Migallas Teatro

A actividade contará con música en directo, xogos, contos, recitados e cancións infantís

O programa de actividades en galego para crianzas, Apego, voltará a Ames o 15 de setembro cun obradoiro de Migallas Teatro. Bea Campos e Paulo Medal, membros desta compañía, ensinaranlles ás nais e pais, de maneira práctica e divertida, ditos, recitados e cancións infantís. O prazo de inscrición comeza este 1 de setembro e remata o vindeiro día 12. Para inscribirse é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal. O obradoiro está dirixido a nenas e nenos, entre os 0 e os 6 anos, acompañados por unha ou dúas persoas adultas.

Música en directo, contos e moreas de actividades de lecer en galego

Nesta actividade están previstas dúas sesións de 45 minutos cada unha: a primeira ás 18:00 horas e a segunda ás 19:00h. As dúas desenvolveranse na Casa da Cultura do Milladoiro. O obradoiro, que está dirixido a familias con nenas e nenos entre os 0 e os 6 anos, contará con prazas para 25 familias en cada sesión.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Como participar?

Para participar é necesario inscribirse a través dun correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal indicando os seguintes datos: sesión na que se quere participar, nome e idade das persoas participantes e un número de contacto. O prazo para facelo comeza o 1 de setembro e remata o vindeiro día 12. As prazas serán asignadas por orde de inscrición.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -