Antón Reixa: “Hai unha certa xenofobia lingüística nos medios de comunicación de España”

Reixa reflexiona sobre o panorama musical galego

Unhas festas galeguizadas que incorporen na súa programación a nosa lingua, tradicións e música, son fundamentais para afianzar a riqueza da nosa cultura na sociedade. Sen eses ingredentes estamos a desnaturalizar os espazos de lecer e uniformizando a oferta festeira. Cómpre acentuar as diferenzas para singularizalas con programas específicos, pero sen deixar de lado nosos sinais de identidade.