Ana Pontón: “Foi o Rei quen fixo un desplante a Catalunya”

A voceira do BNG defende o "plantón" de Ada Colau e Roger Torrent a Felipe VI

A situación política de Catalunya segue a copar titulares. O pasado domingo era noticia que a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, e o president do Parlament catalán, Roger Torrent, non participarían no acto de “besamanos” ao rei Felipe VI. Ámbolos dous dirixentes alegaban que o monarca compartía a “responsabilidade” do acontecido o 1 de outubro nas rúas catalás e debería “desculparse” por iso.

A voceira do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, respalda a decisión de Colau e Torrent ao considerar que “foi o Rei quen fixo un desplante a Catalunya”. Asemade, Pontón lamenta que o Goberno de Mariano Rajoy “non respecta a democracia” e actúa con “autoritarismo” ao “non aceptar” os resultados das eleccións de decembro, que reeditaron a maioría independentista. “Uns comicios”, matizou a deputada nacionalista, “convocados polo propio Rajoy”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -