Home Programas Espazo Aberto Ana Pontón denuncia a “pasividade” na xestión do temporal en Galiza

Ana Pontón denuncia a “pasividade” na xestión do temporal en Galiza

0
vlcsnap-2017-02-06-17h09m49s575
Duras críticas da voceira nacionalista á Xunta

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, iniciou a súa intervención hoxe no pleno dos orzamentos amosando o apoio e a solidariedade da súa formación coas persoas que padeceron estes días os cortes de luz e as consecuencias do mal tempo.

Nunha dura intervención criticou ao goberno galego e esixiu actuacións inmediatas


Pontón tamén pediu a comparecencia do presidente ou do vicepresidente da Xunta para explicar mañá mesmo en Pleno como se fixo a xestión deste temporal e a atención prestada á cidadanía.