Ames adxudica o servizo de mantemento da rede semafórica

O concello de Ames adxudicou as instalacións semafóricas existentes no Milladoiro (na avenida de Rosalía de Castro, na Travesía do Porto e nas rúa Madalena, Castelao, Figueiras, Curuxa, e Agro do Medio) e as de Bertamiráns, situadas nas estradas AC-543 e AC-544 (nas avenidas da Maía, da Peregrina e de José Luís Azcárraga, así como nas rúas Alcalde Lorenzo e do Pedregal, na Travesía da Peregrina, na estrada de Lapido e na rotonda da avenida da Maía).

Este servizo cubrirá as 24 horas dos 365 días do ano, cun tempo de resposta máximo de tres horas. A notificación das incidencias poderá efectuarse por vía telefónica ou electrónica a calquera hora de calquera día do ano.

Programa de conciliación Entroido Lúdico

O Entroido Lúdico desenvolverase no CEIP da Maía, en Bertamiráns, e na EEI do Milladoiro, os días 12, 13 e 14 de febreiro. O programa está dirixido ás cativas e cativos escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria.

As inscricións pódense realizar nos rexistros do Concello: na Casa do Concello, no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina, ou na Oficina Municipal do Milladoiro.

O Entroido Lúdico súmase, así, aos programas de conciliación ofertados de xeito regular ao longo do ano: o Nadal Lúdico, a Primavera Lúdica, o Xuño Lúdico e o Setembro Lúdico.