A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, reclamou onte a transferencia da AP9 a Galicia seguindo os acordos unánimes do Parlamento Galego e que, malia isto, o Partido Popular continúa a vetar no Congreso dos Deputados.

Unha minoría veta esa unha proposta unánime da Cámara galega

Fernández rexeitou o carácter antidemocrático do veto sobre o traspaso da xestión da AP-9 e quixo por de manifesto que o Goberno central abusa deste tipo de vetos. A deputada da Marea censurou que detrás desta posición hai un “tufo recentralizador” importante nun momento no que Galicia precisa, en palabras de Alexandra Fernández, de máis soberanía.