Nós Televisión e Tingalaranga Audiovisual presentan un documental dirixido por Xosé Bocixa que aborda en 55 minutos a través da voz de científicos, veciñas e veciños, alcaldes, empresari@s, o conflicto xurdido en Touro e O Pino.

Unha explotación moi cuestionada que afectaría ao Camiño de Santiago, a moitas empresas de turismo, gandaría, agricultura, así como ás augas que abastecen a comarca, existindo riscos graves para a vida das personas de zonas coma Arinteiro. O rio Ulla podería verse gravemente afectado e mesmo as zonas marisqueiras da súa desembocadura na Arousa.

Un evento público

Este vindeiro mércores, desde as 19:00, realizaremos unha presentación pública do documental no CSC das Fontiñas. Ademais da proxección da mesa xuntaremos a familias afectadas polo megaproxecto mineiro e realizaremos un debate público coa presenza de tres mozas da zona acompañadas do propio Xosé Bocixa.