Chámome Emilio Cao, teño 22 anos e pídenme 5 anos e 8 meses de prisión

Emilio Cao relátanos a súa historia. A historia dun mozo do Carballiño que será xulgado por participar nas Marchas da Dignidade no ano 2014

Emilio Cao, un mozo do Carballiño, vén de recibir unha notificación xudicial pola súa participación na manifestación das Marchas da Dignidade no 2014. O vindeiro luns 19 de marzo será xulgado en Madrid polo feito de ter reivindicado “Pan, Traballo e Teito”.

Hai centos coma min

Piden unha condea de 5 anos e 8 meses de prisión por mobilizarse, e fronte a ela, unha maré de apoio e solidariedade está a percorrer o noso país ao longo desta semana.

Pídenme 5 anos de prisión só por exercer o meu dereito a manifestarme

Conversamos co protagonista desta historia, Emilio, e nos relata todo o sucedido, desde o “vexatorio” trato policial como a “absoluta” inxustiza ao que el e outros moitos e moitas compañeiras, se viron sometidos en Madrid naquel vinte e dous marzo de 2014 e durante os sucesivos días.