Home Víchelo? Galiza Contrainfo Absolución para “La Insurgencia”

Absolución para “La Insurgencia”

0
Absolución para “La Insurgencia”

Os vindeiros 2 e 3 de novembro 12 rapeiros van pasar polo xulgados da Audiencia Nacional. Son membros de “La Insurgencia”, un colectivo de hip hop revolucionario. Cada un deles enfronta unha petición fiscal de 2 anos e un día de prisión, 9 anos de inhabilitación para exercer cargos públicos e 4.800€ de multa, por un suposto delito de enaltecemento do terrorismo nas súas letras.

No barrio vigués de Coia levouse a cabo un peche solidario de 12 horas (“12 horas polos 12 da Insurgencia”), en defensa da liberdade de expresión, que comezou con esta conferencia de prensa. Falan Saúl (aka Shahid), membro do colectivo de rap encausado e Elena, a súa nai.

Fonte: galizacontrainfo