Home Programas Espazo Aberto A Mesa presenta unha ILP para garantir o uso do galego nas relacións de consumo

A Mesa presenta unha ILP para garantir o uso do galego nas relacións de consumo

0
A Mesa presenta unha ILP para garantir o uso do galego nas relacións de consumo

A Mesa pola Normalización Lingüística celebrou esta fin de semana a súa Asemblea Xeral en Compostela. Na mesma  saiu reelixido como Presidente o historiador Marcos Maceira. Coincidindo con esa xuntanza anunciaron que presentarán unha Iniciativa Lexislativa Popular para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.

Marcos Maceira sinalou a Nós Televisión que a diferenza do galego o español conta con máis de 500 disposicións legais que garantir a súa presenza, 200 delas só para o ámbito socioeconómico. Na actualidade hai numerosos conflitos laborais na Galiza que teñen como común denominador a ausencia de leis que garantan a nosa lingua.

“Pérdense moitos postos de traballo por non garantir a opción en galego” Marcos Maceira, Presidente da Mesa

ILP a favor dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais

Esta ILP conta co apoio inicial de 120 persoas destacadas de diferentes ámbitos: académico, cultural, deportivo, empresarial, organizacións sindicales e de consumidores. A Mesa comezará unha campaña co obxectivo de reunir milleiros de sinaturas durante os vindeiros catro meses.