Home Programas Espazo Aberto A Coruña acollerá a presentación do documental “A ameaza do cobre”

A Coruña acollerá a presentación do documental “A ameaza do cobre”

0
A Coruña acollerá a presentación do documental “A ameaza do cobre”

Trala exitosa presentación en Compostela do documental producido por Tingaralanga para Nós Televisión, o conflito mineiro aberto en Touro e O Pino viaxa ata A Coruña.

O vindeiro luns, 2 de abril, o Fórum Metropolitano da Coruña acollerá de balde a presentación do documental desde as 19:30h dentro do ciclo CINE DE BARRIO que organiza a AAVV Oza Gaiteira-OsCastros.

Información do evento

A Ameaza do cobre é un documental dirixido polo xornalista e cineasta Xosé Bocixa e que recolle numerosas testemuñas do conflito polo megaproxecto industrial que pretende reabrir as vellas minas de cobre en Touro e O Pino.

Do mesmo xeito que sucedeu en Compostela, haberá tamén un coloquio con familias afectadas polo proxecto mineiro así como tamén coa presenza do director do documental, Xosé Bocixa.