55 peregrinos e peregrinas de FEAFES chegan a Santiago

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, acompañada dunha representación da corporación municipal, recibiu no Salón Nobre do Pazo de Raxoi a un grupo de peregrinos da Federación Galega de Saúde Mental. Feafes. A edial salientou a importancia deste tipo de actividades.

A viaxe comezou o pasado mércores 28 de setembro en Salceda, O Pino, e as 55 persoas participantes realizaron un total de 28 quilómetros. Unha delas comentou a súa experiencia aos medios de comunicación. As participantes desta sétima edición pertencen ás asociación APEM, Morea, AFAES Portanova, Avelaíña e Andaina, todas integradas en FEAFES Galiza.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego